Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Máis info: https://mundosenguerrascoruna.wordpre… IG: https://www.instagram.com/mundosengue… IG2:https://www.instagram.com/amarchacoru… FB:   / mundosenguerrasesenviolencia   Eliximos soñar… e non fomos as únicas ✨🌈 O pasado 23 de novembro, vivimos algo único no Nonviolencia Activa Fest. Un encontro feito de forza colectiva, emocións compartidas e compromiso co cambio real. Agora, ese latexo continúa. Estrea o trailer do documental! 🎬🔥 Un adianto do que foi ese día inesquecible, onde a nonviolencia tivo voz, corpo e esperanza. 🕊️💜 Porque o soño continúa, e medra con cada persoa que se suma. Grazas por formar parte. Moi pronto, a estrea completa. A segunda edición do festival foi unha explosión de creatividade e compromiso, cunha ampla representación do talento galego. Máis de trinta artistas uníronse para reivindicar, a través da música, a pintura e a poesía, un mundo libre de violencias. Desde as 17:15h, o Ágora abriu as súas portas para dar paso a unha tarde inesquecible. Ás 17:30h tivo lugar unha visita guiada pola exposición de arte, onde presentaron obra 14 artistas plásticos:

  • Roke Armas
  • Alfonso Caparrós
  • elchano
  • Chelo Facal
  • Alba Fiamma Art
  • Alberto Franco
  • Maica Gómez
  • Mohamed Saïd Hamdad
  • Roiayer
  • Lola Saavedra
  • Bego Tojo
  • M. Touzón
  • Gosia Trebacz
  • Xulia Weinberg

A programación continuou cun evento en directo a partir das 18:00h, presentado por Estela López e Ricardo Sandoval, no que participaron:

  • Ramiro Edreira
  • Xawar
  • Marmo Trazos
  • Kreze
  • Banda percusión DiversidArte

Como agasallo final, cada persoa asistente recibiu un poema orixinal, cedido por 16 autoras e autores:

  • María Teresa Fandiño Pérez
  • Alba Fiamma Art
  • Eva Fórneas Braña
  • Frases Para una Vida
  • A. Garci
  • Sara M. Bernard
  • Alba Mac
  • Gema Millán
  • Iria Moliner
  • Héctor Quijano
  • Tamara Rademacher
  • Beatriz Ramón Iglesias
  • Rilin
  • María Villar Portas
  • Tania Yáñez Castro

Este festival formou parte da programación da 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia, un movemento internacional que percorre o planeta para esixir o fin de todo tipo de violencia e a defensa dos dereitos humanos. Precisamente, o 23 de novembro, A Coruña recibiu a visita do Equipo Base desta Marcha Mundial, reforzando así o valor global deste encontro.

What's your reaction?
0Smile0Angry0LOL0Sad0Love

Add Comment

0.0/5